
Comprar
Autor: NEREA PALLARES VILAR
ISBN: 9788411764698
PUNTO DE ARAÑA (PREMIO GARCIA BARROS 2025)
Compartir:
Premio García Barros 2025
Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas
as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta
estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como
guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha
decisión que está a piques de mudalo todo.
Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos
cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as
palilleiras —tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira—
acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando
polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que
conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer.
Punto de araña é unha novela mariñeira e coral, batida pola escuma das ondas
que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres
que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen;
ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de
redes....